Noticias

LIFE BACCATA celebrou o pasado venres, 9 de xuño, o 25 aniversario da aprobación da Directiva Hábitats (DC 92/43/CEE) e da posta en marcha do programa europeo LIFE, avaliando o seu impacto e vantaxes sobre o medio ambiente durante un cuarto de século.
DATOS XERAIS

Organiza: Campus Terra - USC
Colaboran: Xunta de Galicia, Deputación de Lugo, Concello de Lugo, Comisión Europea DG Medio Ambiente.
Sede do acto: Casa do Saber. Praza Pío XII, 27001, Lugo (España)
Data: Venres, 09 Xuño do 2017
O obxecto do traballo é a execución dos traballos de caracterización e diagnose previa do hábitat prioritario 9580 *, "Bosques mediterráneos de Taxus baccata", presente en diferentes espazos da Rede Natura 2000 da Cordilleira Cantábrica.

O proxecto LIFE BACCATA traballa pola conservación e restauración do hábitat prioritario do teixo, actualmente ameazado e en regresión, en quince lugares da Rede Natura 2000 da Cordilleira Cantábrica e pertencentes a Galicia, Castilla e León, e País Vasco.
O proxecto LIFE BACCATA (LIFE15 NAT/ES/000790) celebrou o mércores 1 de febreiro de 2017 no Centro para a Defensa contra o Lume (CDF) de León, a segunda reunión do seu equipo de coordinación. Neste novo encontro tratáronse diversos aspectos relativos á posta en marcha do proxecto, así como se coordinaron diversas tareas a realizar no ano 2017.

O beneficiario coordinador (IBADER) do proxecto LIFE BACCATA (LIFE15 NAT/ES/000790) participaba o pasado 6 de outubro no encontro de lanzamento (kick off meeting) celebrado pola Comisión Europea no marco do programa LIFE.
O proxecto LIFE BACCATA (LIFE15 NAT/ES/000790) celebrou o xoves 22 de setembro de 2016 en Carrión de los Condes (Palencia) a primeira reunión do seu equipo de coordinación, como punto de partida para o comezo das accións que se desenvolverán ata finais do ano 2020.

Páxinas