Seminario networking do proxecto LIFE BACCATA sobre a produción planta de teixo

O pasado día 20 de maio celebrouse o Seminario networking do proxecto LIFE BACCATA sobre a produción de teixo. O seminario serviu como sistema de difusión da información xerada polo proxecto LIFE BACCATA, así como para o intercambio bidireccional con outros axentes e entidades interesados acerca dos interesantes resultados e notable know-how que LIFE BACCATA xerou durante a súa execución. Isto permite a transferencia dos resultados de LIFE BACCATA a outros organismos nacionais e internacionais, e polo tanto a súa aplicación noutros territorios ou situacións, contribuíndo en consecuencia á replicabilidade do proxecto.

O seminario contou coa participación de 39 participantes, repartidos en administracións competentes en materia Natura 2000 e xestión forestal das distintas CCAA do Norte de España (Galicia, Asturias, Euskadi, Navarra, Castilla y León, Catalunya) , así como de Portugal (ICNF), universidades, centros de investigación e organismos ministeriais relacionados coa temática, entidades locais e mesmo algún particular. O equipo de LIFE BACCATA quedou moi satisfeito coa participación, xa que o evento espertou o interese da audiencia, probablemente pola calidade dos relatores e dos proxectos que se presentaron.

O evento quedou gravado e está dispoñible para a súa consulta a continuación pero debido a un problema técnico alleo á nosa vontade as dúas primeiras presentacións quedaron sen gravar, por iso, deixámosvos as presentacións enlazadas para a súa consulta. Desculpade as molestias.

- Recollida, multiplicación, almacenamiento e cultivo de teixo para restauración do hábitat 9580*. Javier Ferreiro,IBADER

-Propagación vexetativa de Taxus baccata mediante técnicas hormonais avanzadas como nova estratexia ambiental e de conservación. Eva Lozano-Milo, Esther Barreal e Pedro Pablo Gallego, AgroBiotech for Health

- O teixo como MFR en Castilla y León: materiais de base, produción de planta a partir de semente e banco de conservación. Javier Tranque, Junta de Castilla y León.

- Traslocación de planta de teixo de Pagoeta para fomentar a conectividade de teixadais en Aralar. Javier Pérez, Fundación HAZI.

- Conservación ex situ do teixo: propagación en viveiro como estratexia de conservación do patrimonio vexetal autóctono. António Ferreira e Laura Saloio, Instituto da Conservaçao da Naturaleza e das Florestas, ICNF.
 
O próximo evento do proxecto celebrarase mañá 27 de maio sobre a "Diversidade xenética e conservación do teixo (Taxus baccata) na Península Ibérica" e está destinado aos axentes e entidades implicados na temática do seminario e público en xeral. A información xeral do evento e o programa completo están dispoñibles aquí:   Información e programa

Inscricións: A través do seguinte formulario online: https://forms.gle/jY23uYprGkoHEkGf9

(Posteriormente á inscrición e nunha data próxima ao inicio do seminario recibirán no seu correo electrónico o enlace de asistencia online).