Finalizan as actuacións selvícolas de mellora do hábitat 9580 * en Galicia
18-07-2019

O proxecto LIFE BACCATA está cofinanciado pola Comisión Europea no marco da Convocatoria LIFE e desenvólvese entre 2016 e 2020 en quince lugares da Rede Natura 2000 da Cordilleira Cantábrica, pertencentes a Galicia, Castilla y León, e Euskadi, coa finalidade de mellorar o estado de conservación dos bosques de teixo (9580*). Participa como coordinador do proxecto o IBADER da Universidade de Santiago de Compostela e como socios a Junta de Castilla y León, CESEFOR, Fundación HAZI e Grupo TRAGSA.
Entre as distintas actuacións do proxecto, a Acción C2 consiste no desenvolvemento de actuacións selvícolas orientadas á eliminación das presións e ameazas sobre o estado de conservación do hábitat 9580*, mediante o aumento da súa área de ocupación e a mellora da súa estrutura e funcionalidade. Dentro do territorio galego, esta acción comprendeu unha superficie de 15 ha dentro da ZEC Os Ancares - O Courel (ES1120001), na que se realizou a eliminación dunha antiga plantación monoespecífica de Pinus sylvestris. A actuación de obra foi executada por TRAGSA, en colaboración con IBADER, que realizou a asesoría científico-técnica dos traballos, velando porque non se afecte o estado de conservación dos elementos clave da biodiversidade. A superficie onde se executou esta acción queda preparada para o desenvolvemento da Acción C3, na que se realizará unha plantación con especies características do hábitat 9580*, de acordo ao Manual de Hábitats de Galicia, coa finalidade de alcanzar a súa restauración.

A titularidade dos terreos onde se executa a actuación é un Monte Veciñal en Man Común (MVMC) da comunidade de veciños de Riocereixa (Pedrafita do Cebreiro, Lugo). Esta comunidade expresou o seu apoio ao proxecto, asinando un convenio de colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela como responsable do desenvolvemento das actuacións os seus predios. A complicidade e participación do MVMC é un grande valor engadido para o proxecto, posto que actuaron como axentes crave ao considerar que o desenvolvemento de LIFE BACCATA nos seus predios é positivo e mellora o estado de conservación das súas propiedades.

Tamén foron consultados o organismo competente en materia de patrimonio cultural, e o organismo de cunca, resultando en ambos os dous casos que non era necesario tramitar ningunha solicitude de autorización a estes organismos, posto que non se afectaba a ningún dos valores a preservar por ambas as dúas entidades.

Unha vez clarificado, comezouse co apeo manual, empregando para iso operarios equipados con motoserra e os equipos de protección individual necesarios para a súa seguridade. O apeo realizouse buscando sempre as vías de derrubamento que respecten ao máximo o rexenerado natural de especies características do hábitat 9580* (Sorbus aucuparia, Betula pubescens, etc.), xa que servirán como primeiro avance para o restablecemento dun dosel de vexetación característico do tipo de hábitat, complementario coa restauración que se realizará con posterioridade.

Tras a operación de apeo, procedeuse á apertura dunha serie de vías de saca en número e traxectoria sen causar impacto sobre os compoñentes naturais (solo, xea, surxencias, especies, etc.). A apertura destas vías permite o torado da madeira no monte, e polo tanto a retirada desta de forma segura e sen afectar o rexenerado natural. Unha vez finalizados o torado e o desembosque, as vías de saca son pechadas e restauradas.
O torado realizouse cunha procesadora, que aproveitou as vías de saca para transitar polo monte seguindo curvas de nivel (horizontalmente) e procesar os fustes apeados a ambos os dous lados en toradas de 2,15 metros de lonxitude, deixando a madeira torada en pequenas pilas a pé de vía de saca. As árbores apeadas ás cales non chegou o brazo da procesadora, foron cableadas ata as proximidades da vía de saca con axuda dun pequeno tractor e dous operarios, de modo que toda a madeira apeada foi torada pola procesadora.