Celebrado o Día da Rede Natura 2000, no marco do proxecto LIFE BACCATA cunha visita á ZEC Parga-Ladra-Támoga
14-05-2018
O 22 de maio, Día da Rede Natura 2000, celebrouse unha xornada no IBADER do Campus Terra, enmarcado nas actividades de proxectos LIFE BACCATA e LIFE FLUVIAL, e organizado polo IBADER.
Durante a mañá realizouse unha visita á Lagoa do Rei do Concello de Rábade, na ZEC Parga-Ladra-Támoga (ES1120003) á que asistiron representantes municipais, asociacións ambientalistas, investigadores do Campus de Lugo, membros do CSIC e beneficiarios asociados doutros proxectos LIFE Natureza.
Durante a tarde tivo lugar un acto na aula "Luciano Sánchez García" do IBADER do Campus Terra (LUGO), cunha serie de intervencións que permitiron achegar aos asistentes os esforzos levados a cabo para que a Rede Natura 2000 sexa un dos logros máis sobresaíntes da Unión Europea.
Abriu a quenda de presentacións Vitoriano Urgorri Carrasco, da Estación Biolóxica da Graña (USC), que realizou unha interesante síntese dos valores naturais e patrimoniais que a biodiversidade mariña posúe en Galicia, facendo unha importante reflexión sobre o papel que a Rede Natura 2000 leva a cabo na súa conservación.
En segundo lugar interveu Serafín González Prieto, quen explicou as interesantes actuacións que a Sociedade Galega de Historia Natural está a levar a cabo na conservación e restauración de hábitats e especies na Rede Natura 2000, resaltando os tipos prioritarios.
A continuación, Miguel Fernández Pardo, da entidade ADR Mariñas-Betanzos, veu a falar da implantación de marcas de calidade en zonas da Rede Natura 2000, ao amparo do traballo realizado dende a Reserva de Biosfera "Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo". Este relatorio clarificou as vantaxes dunha marca de calidade baseada en espazos naturais, como é o caso da Rede Natura 2000 e as Reservas de Biosfera.
Finalmente, Antonio Rigueiro Rodríguez, director da Estación Biolóxica do Courel (USC), presentou o libro "As orquídeas da Serra do Courel", cuxa autora Elvira Sahuquillo Balbuena asistiu ao acto e expresou o seu agradecemento a todos os que contribuíron e axudaron a que a obra sexa publicada.
Este acto non soamente permitiu aumentar a concienciación pública sobre a Rede Natura 2000 e a súa importancia na conservación do patrimonio cultural e os servizos prestados polos ecosistemas, senón que tamén serviu para ensinar a súa contribución á economía e ao benestar das poboacións que residen na súa área de influencia.
Programa:
17:00 Presentación.
17:15 Biodiversidade mariña na Rede Natura 2000 de Galicia. Victoriano Urgorri Carrasco (Estación de Bioloxía Mariña da Graña, Universidade de Santiago de Compostela, USC).
18:00 Experiencias de conservación in situ de especies da Rede Natura 2000. Serafín González Prieto (Sociedade Galega de Historia Natural, SGHN).
18:45 Implantación de marcas de calidade nas áreas da Rede Natura 2000. Miguel Fernández Pardo (ADR Mariñas-Betanzos).
19:30 Presentación do libro "Ás orquideas da Serra do Courel". Antonio Rigueiro Rodríguez (Universidade de Santiago de Compostela, USC).
Asistencia libre ata completar o aforo.
Máis información en IBADER.