Actuacións do Viveiro Forestal Central da Xunta de Castilla y León para a producción de planta de teixo a partir de semente
27-11-2019

No marco do Proxecto LIFE BACCATA implicouse o Viveiro Forestal Central (VFC) da Consejería de Fomento y Medio Ambiente para a produción de planta de calidade, tendo en conta a súa orixe xenética a partir da caracterización xenética realizada na acción C6 deste LIFE, e o seu lugar de plantación. Para iso, no VFC lévanse a cabo unha serie de actuacións que van dende a prospección e recollida da semente nos teixadais naturais da rexión, ata a sementeira e produción da planta en envase forestal, pasando polos tratamentos de xerminación previos da semente.
Recollida do froito en monte
 
Recollida do froito en monte
A recolección do froito de teixo realízase normalmente nos meses de outubro e novembro, recoléctase de forma manual directamente do ramiño. Tamén é posible recoller o froito do solo previo vareo ou axitado das ramas. As tarefas de recolección complícanse pola inaccesibilidade das localizacións onde vive frecuentemente a especie, pola súa vecería e pola necesidade de recoller froito dun número suficiente e diverso de xenotipos en cada poboación. Desta forma, entre os anos 2016 e 2017 recolectouse semente para a produción de plántulas de teixo a implantar en 2019 e 2020. Tamén se recolectou estaca, pero dificultades nas fases posteriores impediron a produción a partir deste material.
O material recollido (arilo avermellado con semente) introdúcese normalmente en pequenos bidóns que se identifican convenientemente con dobre etiquetaxe para asegurar a súa trazabilidade, e se transporta ás instalacións do VFC para o seu procesado.

 Fig. 1, 2 e 3. Recolección de MFR en monte.
Recepción do froito
O material forestal de reprodución que chega en forma de froito recíbese no VFC, almacenándose de forma provisional ata o seu procesado en cámara frigorífica cunha temperatura de 3-4º C e unha humidade relativa do 90%.
 Fig 4 e 5. Recepción de MFR (froito e estaca) en viveiro
Fig 4 e 5. Recepción de MFR (froito e estaca) en viveiroPara garantir a calidade e trazabilidade da semente os lotes que se reciben deben cumprir unha serie de condicións técnicas e documentais, como son as de dispoñer das etiquetas identificativas para o control da procedencia e un envase axeitado e debidamente pechado, comprobándose de forma visual que non hai danos por axentes patóxenos externos.
Todos os lotes recepcionados no VFC son rexistrados nunha base de datos onde se recolle a información asociada, como a orixe do material, peso, data de recollida e data de recepción en viveiro. Adxudícase un número de rexistro, que será único e invariable durante a súa permanencia no viveiro, e ao que se asociará toda a información que xere a nova accesión (expedicións, análise de laboratorio,…etc).

Extracción e limpeza das sementes
Dado que o que normalmente se recolecta no monte son as sementes xunto ao arilo carnoso que a rodea, deben someterse a unha serie de operacións de extracción e limpeza ata que se obtén a semente lista para a súa utilización ou almacenaxe. A finalidade deste proceso é obter a máxima cantidade de semente limpa e viable.
No caso do teixo, a extracción que realiza o VFC consiste nun despolpado manual para separar o arilo e aclarado con auga. Un posterior decantado en auga, cribado e aventado, permite separar os fragmentos inertes e sementes vas.
Unha vez realizada a limpeza das sementes, o material etiquétase de forma definitiva e almacénase convenientemente no banco de sementes.

 Fig 6. Lote de semente limpa conservada
Fig 6. Lote de semente limpa conservadaAnálise de sementes e conservación
O Laboratorio de sementes do VFC é o encargado de realizar as análises a partir dunha mostra representativa do lote de sementes, e que se poden resumir en: análise de humidade e pureza, determinación do peso de 1000 sementes puras, ensaio de xerminación e análise de viabilidade. Estes ensaios, baseados nas Regras Internacionais ISTA (Internacional Seed Testing Association), realízanse tanto no caso de novas entradas de semente como nos casos que se queira coñecer a evolución dos lotes que se están a conservar durante longos períodos de tempo e que poden ser utilizados nun futuro.
 Fig. 7. Análise de xerminación dun lote de semente de teixo
 Fig. 7. Análise de xerminación dun lote de semente de teixoA semente de teixo débese conservar, ata a súa posible utilización, en condicións adecuadas para que se manteña inalterada a súa viabilidade e facultade xerminativa. Por iso, procédese á súa conservación no Banco Rexional de sementes do VFC, o cal consta varias cámaras frigoríficas con condicións controladas de temperatura e humidade (3º C e 60%, respectivamente).
 
 Fig. 8. Lote de semente de teixo en banco de conservación de xermoplasma
 Fig. 8. Lote de semente de teixo en banco de conservación de xermoplasmaProducción de planta
A produción de planta de Teixo prodúcese normalmente mediante a sementeira en bandexas viveiro durante a primavera. Tamén é posible recorrer á vía vexetativa mediante o emprego de estacas, producindo neste caso exemplares idénticos entre si.
A semente de teixo tarda en xerminar debido á súa cuberta impermeable e ao letargo fisiolóxico. Require polo tanto duns tratamentos prexerminativos previos, recomendándose un estratificado quente-húmido durante 6-7 meses, seguido de 3-5 meses de estratificado frio-húmido, para pasar posteriormente un ano en viveiro. Non obstante, no VFC estanse a modificar os ciclos de estratificado quente-frío co obxectivo de reducir estes prazos, intentando mesmo evitar o paso por viveiro ao dispoñer de semente xa prexerminada.

 Fig. 9. Prexerminación de semente de teixo en laboratorio
 Fig. 9. Prexerminación de semente de teixo en laboratorioTras a xerminación en viveiro, a plántula transplántase en envases forestais de 300-400 cm3, enchidos cunha mestura de substrato e perlita, dando lugar a lotes que son identificados co seu número de rexistro e incluídos na base de datos.
Nas seguintes semanas o obxectivo é conseguir o desenvolvemento e aclimatación das plantas, que se leva a cabo mediante a fertirrigación e control fitosanitario acorde a cada período.
Nas seguintes semanas o obxectivo é conseguir o desenvolvemento e aclimatación das plantas, que se leva a cabo mediante a fertirrigación e control fitosanitario acorde a cada período.
 
Fig. 10. Planta de teixo en envase forestal.
Fig. 11 e 12. Planta de teixo (con e sen protector) en monte procedentes de semente.
A planta finalmente é utilizada para o reforzo poboacional dos teixadais naturais mediante plantación forestal, o que se realizará este 2019 e 2020.
Traslocacións e aviverado de rexenerado de teixo
De forma paralela á produción de MFR mediante semente, nas zonas onde o rexenerado foi puxante na ZEC - Montaña Central de León, experimentouse coa súa translocación e aviveirado en envase forestal de cara á súa plantación na primavera ou outono de 2020. En total son unhas 100 plántulas mediante as cales se intenta completar a produción do VFC a partir de semente.
 
Fig. 13 e 14. Plántulas procedentes de rexenerado aviveiradas en envase forestal e maceta.