Comite de Xestión y Seminario Técnico LIFE BACCATA

luns, 26 Novembro, 2018 - 13:15
O vindeiro xoves día 29 de novembro, o IBADER do Campus de Lugo organiza un Seminario Técnico LIFE BACCATA no Edificio Cactus do Campus de Lugo (Ubicación), para achegar á poboación o importante papel que xoga o teixo (Taxus baccata) na conservación da nosa biodiversidade, e por extensión das formacións dominadas (teixadais, teixidos, teixedos) por esta senlleira especie. 

Este acto permitirá tamén aumentar a concienciación pública sobre a conservación do noso patrimonio natural arborado, do patrimonio cultural asociado ao teixo, e os servizos ecosistémicos prestados polos teixadais.
 
Para tal finalidade o evento contará cunha serie de intervencións do proxecto LIFE BACCATA, que na actualidade está a traballar pola conservación dos teixadais en 15 Espazos da Rede Natura 2000 da Cordillera Cantábrica (Galicia, Castela e León, Euskadi). Ademais, contarase coa presenza de dúas asociacións que levan un longo tempo traballando pola conservación do teixo e os seus valores naturais e culturais.

29 de novembro de 2018
Seminario técnico BACCATA
Lugar: Edificio Cactus – Campus de Lugo
 
O acto contará coas seguintes ponencias:
 
16:30 h: Presentación
16:45 hPaulino Martínez: Resultados preliminares do mostreo xenético de LIFE BACCATA
17:30 hRoberto Rubio: Presentación accións LIFE BACCATA en Castela e León
17:35 hJavier Pérez: Presentación accións LIFE BACCATA en Euskadi
17:40 hJavier Ferreiro: Presentación accións LIFE BACCATA en Galicia
17:45 hJavier Ezquerra: Avances sobre o teixo como material forestal de reprodución en Castela e León
18:15 hAsociación A Morteira. O teixo na Comarca de El Bierzo-León.
19:00 hAsociación Amigos del Tejo y las Tejedas. Novos coñecementos e orientacións sobre o teixo e a súa conservación
19:45 h: Debate e discusión
 
A entrada ao acto será de libre e de balde, ata completar aforo da sala (40 persoas). Achégase o cartel do acto, para que toda esta información poida ser incluida na súas redes de difusión.
 
Máis información en http://www.ibader.gal/ampliar/85/828/2018-11-29-Seminario-Tecnico-BACCATA.html