Noticias

O proxecto LIFE BACCATA traballa pola conservación e restauración do hábitat prioritario do teixo, actualmente ameazado e en regresión, en quince lugares da Rede Natura 2000 da Cordilleira Cantábrica e pertencentes a Galicia, Castilla e León, e País Vasco.
O proxecto LIFE BACCATA (LIFE15 NAT/ES/000790) celebrou o mércores 1 de febreiro de 2017 no Centro para a Defensa contra o Lume (CDF) de León, a segunda reunión do seu equipo de coordinación. Neste novo encontro tratáronse diversos aspectos relativos á posta en marcha do proxecto, así como se coordinaron diversas tareas a realizar no ano 2017.

O beneficiario coordinador (IBADER) do proxecto LIFE BACCATA (LIFE15 NAT/ES/000790) participaba o pasado 6 de outubro no encontro de lanzamento (kick off meeting) celebrado pola Comisión Europea no marco do programa LIFE.
O proxecto LIFE BACCATA (LIFE15 NAT/ES/000790) celebrou o xoves 22 de setembro de 2016 en Carrión de los Condes (Palencia) a primeira reunión do seu equipo de coordinación, como punto de partida para o comezo das accións que se desenvolverán ata finais do ano 2020.

Páxinas