O proxecto LIFE BACCATA finaliza a fase de caracterización e diagnose do hábitat 9580*

Finaliza a Acción A1 do proxecto LIFE BACCATA denominada "Caracterización e diagnose do hábitat 9580 *, cuxos obxectivos son a clarificación da interpretación do hábitat 9580* en España, a obtención de información para a valorización a nivel local deste hábitat e definir unha metodoloxía para o desenvolvemento das seguintes accións.

Esta acción céntrase no hábitat 9580*, actualmente cun estado de conservación 'Desfavorable-inadecuado’ na rexión atlántica e 'Desfavorable-Malo’ na mediterránea, segundo o informe sobre a aplicación da Directiva Hábitats no período 2007-2012 (artigo 17 da Directiva), tanto en España coma na UE.

Lembremos que o teixo vén sufrindo unha serie de ameazas que inflúen directamente na biodiversidade das zonas que ocupa. Estas ameazas fóronse orixinando ao longo dos anos e son de diversa índole: os incendios, as curtas, a construción de infraestruturas, a fragmentación e falta de conexión entre estes espazos naturais ou as repercusións do cambio climático. Individualmente ou de xeito conxunto, estas ameazas puxeron en perigo a supervivencia desta especie, o seu hábitat e a biodiversidade que conteñen, por iso faise necesario actuar e garantir o seu futuro de xeito sostible. Os traballos desta acción céntranse nos teixadais de quince lugares da Rede Natura 2000 da Cordilleira Cantábrica pertencentes a Galicia, Castilla y León, e Euskadi.

Accións

Afrontáronse dúas fases nesta Acción A1. Por un lado, realizouse un inventario de teixadais no seu ámbito de actuación, estudando o seu grao de conectividade e outros aspectos como a súa composición florística e a presenza de especies ameazadas e exóticas. A cartografía do hábitat mediante traballo de campo e o estudo da relación da poboación cos teixadais e como estes influíron nos usos tradicionais, culminaron esta primeira fase. Por outro lado, identificáronse os indicadores necesarios para avaliar as repercusións do proxecto sobre o hábitat en concordancia co establecido pola Directiva Hábitats.

En total, caracterizáronse 55 rodais dentro dos 13 ZEC do proxecto, cunha extensión de 382,40 ha de superficie mostrada, sendo o menor das rodais mostradas de 0,2 ha e o maior deles de 56,76 ha.

Xunto á caracterización do Hábitat de Interese Comunitario 9580 * en si, o proxecto inventariou 165 pés de teixo singulares (cun diámetro á altura do peito superior a 80 cm) presentes nos rodais caracterizados. No cómputo global o resultado é o seguinte: 6 poboacións consideráronse en Estado de Conservación Favorable, 30 poboacións en Estado de Conservación Desfavorable-Inadecuado e 19 poboacións en Estado de Conservación Desfavorable-Malo.

Tamén se creou unha rede de parcelas de seguimento, que foi seleccionada mediante criterio experto e na que se seguiu unha valorización de representatividade "sensu lato" da dinámica dos teixadais na súa facies máis dura.

No marco desta acción detectáronse as presións e ameazas da especie, sendo as máis importantes a presión gandeira, o ramoneo de herbívoros, os incendios e a fragmentación e falta de conexión entre rodais.

Está acción dá paso á Acción A2 "Planificación técnica das accións de conservación" na que se desenvolven unha serie de medidas de conservación para conseguir os obxectivos do proxecto.

O teixo posúe un enorme valor cultural, natural e científico, que ten gran relevancia no vínculo etnográfico e cultural entre a árbore e o home, sendo clave a importancia que ten nos sitios que ocupa e debido á elevada toxicidade das súas follas e á súa extraordinaria lonxevidade, con exemplares illados que poden superar os mil anos de vida, os teixos foron considerados dende tempos remotos árbores cargadas de misterio, mesmo símbolos venerables da morte e a supervivencia. O teixo posúe un enorme valor cultural, natural e científico, que ten grande relevancia no vínculo etnográfico e cultural entre a árbore e o home, sendo clave a importancia que ten nos sitios que ocupa.

O proxecto LIFE BACCATA ten por obxectivos implantar as medidas de protección e xestión forestal necesarias que promovan a mellora do estado de conservación e restauración do teixo e os teixadais, fomentando a súa rexeneración natural, e o das especies de flora e fauna que os habitan, e contribuír a frear a perda de biodiversidade.

O proxecto LIFE BACCATA está cofinanciado pola Comisión Europea no marco da Convocatoria LIFE e desenvólvese entre 2016 e 2020 en quince lugares da Rede Natura 2000 da Cordilleira Cantábrica e pertencentes a Galicia, Castilla y León, e Euskadi. Participa como coordinador do proxecto o IBADER da Universidade de Santiago de Compostela e como socios a Junta de Castilla y León, Cesefor, Fundación Hazi e Grupo TRAGSA.