Presentación de LIFE BACCATA en Ribadeo (Lugo)

O proxecto LIFE BACCATA presentouse en Ribadeo (Lugo) con motivo das xornadas celebradas o 23 de marzo de 2018 no Auditorio Municipal Hernán Naval de Ribadeo (Lugo) sobre Reservas de Biosfera Atlántico-Pirenaicas.

Estas xornadas foron organizadas polo Comité MaB español da UNESCO. Participaron membros dos Consellos Científico e de Xestores do programa MaB español, de forma que se amosaron unha serie de proxectos, actuacións e experiencias formuladas dentro das Reservas presentes.

Como mostra dos proxectos desenvolvidos no ámbito territorial destas Reservas, o IBADER do Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela acudiu a esta cita para presentar o proxecto LIFE BACCATA. Na presentación explicáronse os obxectivos e medidas de actuación planeados, así como os resultados esperados. Ademais, presentáronse os resultados preliminares da mostraxe xenética desenvolvida polo proxecto e comentáronse as actuacións máis destacables do proxecto para o actual ano 2018.