Life Baccata en os 25 anos de proxectos LIFE dende Galicia sobre natureza, biodiversidade e acción polo clima

DATOS XERAIS

Organiza: Campus Terra - USC
Colaboran: Xunta de Galicia, Deputación de Lugo, Concello de Lugo, Comisión Europea DG Medio Ambiente.
Sede do acto: Casa do Saber. Praza Pío XII, 27001, Lugo (España)
Data: Venres, 09 Xuño do 2017
Hora: 18:00 – 20:00 horas.
Nº Prazas: 100 (aforo do local)
Asistencia libre: ata completar aforo do local
Contacto: Luisa Vázquez
Correo electrónicovr.desenvolvemento@usc.es
Teléfono: 982821505
 

CONTIDO DO EVENTO
Celébrase o 25 aniversario da aprobación da Directiva Hábitats (DC 92/43/CEE) e da posta en marcha do programa europeo “LIFE” [http://ec.europa.eu/environment/life/], avaliando o seu impacto e vantaxes sobre o medio ambiente durante un cuarto de século. Para iso planease unha xornada que permita achegar á sociedade en xeral, e aos axentes implicados en particular (administracións, xestores, entidades locais, organizacións non gobernamentais ...), os principais resultados dos proxectos LIFE de Natureza e Acción polo Clima que durante os últimos 25 anos desenvolvéronse en Galicia, e nos que diferentes equipos da Universidade de Santiago de Compostela formaron parte como coordinadores ou asociados.

O evento contará coa participación de membros dos equipos dos seguintes proxectos LIFE, que transmitirán á audiencia o grande paso que supuxo a execución e posta en marcha de cada un deles, a través dos resultados, os desafíos superados, os beneficios ambientais proporcionados e o coñecemento xerado.


ORGANIZACIÓN DA XORNADA

O acto será moderado por un representante da Universidade de Santiago de Compostela (USC), e estruturarase en tres partes:
 
Mesa inicial de presentación.
Exposición dos proxectos LIFE.
Rogos e preguntas

Na primeira terá luar una mesa inicial de presentación que contará coa participación das seguintes administracións, entidades locais e organizacións vinculados a execución e xestión dos proxectos LIFE involucrados en este acto:
 
Universidade de Santiago de Compostela (USC)
Xunta de Galicia. Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio
Comisión Europea. Programa LIFE
Deputación de Lugo
Concello de Lugo

Na segunda parte o moderador dará entrada aos membros dos Proxectos LIFE convocados para esta xornada, que serán:
 
LIFE Tremedal: Pablo Ramil Rego.
LIFE Margal Ulla: Mª Paz Ondina Navarret.
LIFE Lugo+ Biodinámico: Antonio Rigueiro Rodríguez.
LIFE Baccata: Javier Ferreiro da Costa.

Cada unha de estas persoas presentará á audiencia o gran paso que supuxo a execución e posta en marcha de cada un deles, a través dos resultados, os desafíos superados, os beneficios ambientais proporcionados e o coñecemento xerado.

Na terceira parte, abrirase un pequeno espazo para que os asistentes poidan realizar algunha pregunta ou solicitar algunha aclaración acerca dos proxectos expostos.

Máis Información:

http://life-25.eu/25-anos-de-proyectos-life-desde-galicia-sobre-naturaleza-biodiversidad-y-accion-por-el-clima/