A Junta de Castilla y León adxudica as actuacións LIFE de mellora e ampliación do hábitat dos teixadais na montaña central de León

A Junta de Castilla y León acaba de adxudicar as obras de "Accións de mellora e protección no marco do proxecto LIFE 15 NAT/ES/790 para a conservación e restauración dos bosques mediterráneos de Taxus baccata (9580*) nas montañas cantábricas na montaña central da provincia de León" á empresa Eural por un importe de 29.144,06 € cun prazo de execución de 8 meses entre os anos 2019 e 2020.

Estes traballos van mellorar e ampliar o hábitat asociado aos teixos nesta Zona Especial de Conservación (ZEC) da montaña leonesa grazas ao cumprimento dos seguintes obxectivos:
 
Regular a competencia espacial puntual que exerce a faia (Fagus sylvatica) sobre os pés de teixo existentes, mediante a eliminación dos pés codominantes e/ou dominantes desta especie que impiden a entrada de luz ao estrato inferior do dosel.
Realizar unha posta en luz paulatina que permita a instalación de especies acompañantes que diversifique a formación vexetal.
Incrementar espacialmente o hábitat de interese comunitario (HIC) do teixo (9580*) implantando plántulas das especies propias do elenco deste hábitat.
Restrinxir o acceso aos herbívoros para incrementar a rexeneración natural do teixo.
Fortalecer as poboacións de teixo existentes mediante a plantación de novos pés.
Protexer este HIC de ameazas como os incendios adecuando a carga de combustible no perímetro dos rodais.
1_r_21_tejo_sin_liberar_luz.jpegA importancia de actuar nesta zona quedou manifesta a partir do estudo de caracterización que se fixo do HIC "Bosques mediterráneos de Taxus baccata (9580*)" da Cordilleira Cantábrica en Castilla e León. Segundo este estudo, a ZEC Montaña Central de León, no avesedo da Serra do Mediodía e Faial de Bodón, así como no resto de macizos do ámbito, presentan un grande potencial para a recuperación deste hábitat, se ben existe unha forte competencia que exercen a faia e a herbivoría.










Teixo sen liberar luz


En pleno corazón desta ZEC destaca o rodal denominado Bodón, incluído no Monte de Utilidade Pública Nº 641 "La Cota y Bodón" e pertencente á entidade local menor de Pontedo no municipio de Cármenes. Este serve de ponte para a conexión das poboacións orientais e occidentais da Cordilleira nesta provincia, razón pola cal se decidiu realizar unha boa parte das accións de conservación nesta paraxe.

Desta forma, co obxecto de conseguir os anteriores obxectivos, vanse executar as seguintes accións no devandito rodal:

Tratamientos selvícolas:

2_r_21_clara_mixta_puntual.jpegInicialmente realizarase un rareo xeral, unicamente sobre as faias, en 16,86 ha do rodal para permitir unha maior entrada de luz sobre os estratos inferiores do dosel arbóreo. Eliminaranse os brotes con pouco porvir, as árbores mortas e con sinais de enfermidades, así como os pés dominados, ata lograr a espesura desexada. Co obxecto de fomentar os nichos ecolóxicos, en caso de atopar pés maiores mortos ou con ocos, respectaranse, xa que son refuxio e fonte de biodiversidade.











Rareo mixto puntual

Posteriormente, levarase a cabo unha actuación máis específica de posta en luz dos pés de teixo, eliminando os pés maiores de faia que exerzan unha competencia excesiva. Deste xeito lograrase no conxunto do rodal unha matriz suficientemente densa que poida exercer suficiente cobertura, pero con ocos internos suficientemente grandes para soster a viabilidade dos estratos inferiores.

Finalmente, os restos xerados polo tratamento tronzaranse e distribuiranse polo chan, co fin de protexer o rexenerado.

Repoboacións:

Formúlanse dous tipos de repoboacións: de conectividade no ámbito do rodal, e de enriquecemento no seu interior.

3_r_21_clara_mixta_puntual.jpegA repoboación de conectividade realizarase nunha superficie de 6,71 ha cunha densidade de 1.100 pés/ha (marco de 3 × 3 m); permitirá a extensión do teixo e outras especies do elenco en direccións opostas ao propio rodal, favorecendo así a conectividade con outros rodais próximos. Empregarase unha mestura específica composta por teixo (Taxus baccata), piñeiro silvestre cantábrico (Pinus sylvestris), bidueira (Betula pubescens), carnabudo (Sorbus aucuparia), abruñeiro (Prunus spinosa) e abeleira (Corylus avellana).






Clara mixta puntual.



A de enriquecemento levarase a cabo nunha superficie de 0,09 ha pero cunha densidade maior de 1.600 pés/ha, baixo masas homoxéneas e con moi pouca diversidade florística. Neste caso, a mestura de especies incluirá teixo, bidueira e carnabudo.

As plántulas proceden do viveiro central de Valladolid e contan con certificado de orixe. No caso do teixo, ademais, experimentouse con aviveirado en León a partir de rexenerado en monte e empregaranse tamén traslocacións directas. Esta última técnica xa foi probada no ámbito de Pagoeta no marco deste LIFE, e vaise empregar tamén agora nesta zona de León.

Cerramentos:
4_r_21_eliminacion_de_codominantes_0.jpegDado que a rexeneración do teixo se atopa comprometida pola herbivoría, pecharase unha pequena superficie mediante malla cinexética para protexer as plántulas do gando doméstico e salvaxe.





 
Eliminación de codominantes



Defensa frente a amenazas:
Crearase unha franxa de seguridade de 10 m en determinadas franxas arredor do rodal arborado, rozando a matogueira de especies pirófitas (Erica, Cytisus, Genista, Rubus, Rosa e Chamaespartium) e respectando as especies arbóreas existentes.

Ademais, rozaranse os bordes dos camiños que cruzan o rodal e o seu ámbito, mediante combinación de medios manuais e mecánicos, pero sen uso de tractores nin outro tipo de maquinaria que puidese ensanchar a caixa orixinal, nin alterar o estado estrutural do firme.