Actuacións do Viveiro Forestal Central da Xunta de Castilla y León para a producción de planta de teixo a partir de semente

No marco do Proxecto LIFE BACCATA implicouse o Viveiro Forestal Central (VFC) da Consejería de Fomento y Medio Ambiente para a produción de planta de calidade, tendo en conta a súa orixe xenética a partir da caracterización xenética realizada na acción C6 deste LIFE, e o seu lugar de plantación. Para iso, no VFC lévanse a cabo unha serie de actuacións que van dende a prospección e recollida da semente nos teixadais naturais da rexión, ata a sementeira e produción da planta en envase forestal, pasando polos tratamentos de xerminación previos da semente.

Recollida do froito en monte
 
A recolección do froito de teixo realízase normalmente nos meses de outubro e novembro, recoléctase de forma manual directamente do ramiño. Tamén é posible recoller o froito do solo previo vareo ou axitado das ramas. As tarefas de recolección complícanse pola inaccesibilidade das localizacións onde vive frecuentemente a especie, pola súa vecería e pola necesidade de recoller froito dun número suficiente e diverso de xenotipos en cada poboación. Desta forma, entre os anos 2016 e 2017 recolectouse semente para a produción de plántulas de teixo a implantar en 2019 e 2020. Tamén se recolectou estaca, pero dificultades nas fases posteriores impediron a produción a partir deste material.

O material recollido (arilo avermellado con semente) introdúcese normalmente en pequenos bidóns que se identifican convenientemente con dobre etiquetaxe para asegurar a súa trazabilidade, e se transporta ás instalacións do VFC para o seu procesado.

foto-7.pngfoto-8_1.png foto-9.png















Fig. 1, 2 e 3. Recolección de MFR en monte.

Recepción do froito

 
O material forestal de reprodución que chega en forma de froito recíbese no VFC, almacenándose de forma provisional ata o seu procesado en cámara frigorífica cunha temperatura de 3-4º C e unha humidade relativa do 90%.

foto-10.pngFig 4 e 5. Recepción de MFR (froito e estaca) en viveiro
Para garantir a calidade e trazabilidade da semente os lotes que se reciben deben cumprir unha serie de condicións técnicas e documentais, como son as de dispoñer das etiquetas identificativas para o control da procedencia e un envase axeitado e debidamente pechado, comprobándose de forma visual que non hai danos por axentes patóxenos externos.

Todos os lotes recepcionados no VFC son rexistrados nunha base de datos onde se recolle a información asociada, como a orixe do material, peso, data de recollida e data de recepción en viveiro. Adxudícase un número de rexistro, que será único e invariable durante a súa permanencia no viveiro, e ao que se asociará toda a información que xere a nova accesión (expedicións, análise de laboratorio,…etc).

Extracción e limpeza das sementes
Dado que o que normalmente se recolecta no monte son as sementes xunto ao arilo carnoso que a rodea, deben someterse a unha serie de operacións de extracción e limpeza ata que se obtén a semente lista para a súa utilización ou almacenaxe. A finalidade deste proceso é obter a máxima cantidade de semente limpa e viable.

No caso do teixo, a extracción que realiza o VFC consiste nun despolpado manual para separar o arilo e aclarado con auga. Un posterior decantado en auga, cribado e aventado, permite separar os fragmentos inertes e sementes vas.

Unha vez realizada a limpeza das sementes, o material etiquétase de forma definitiva e almacénase convenientemente no banco de sementes.

foto-11.pngFig 6. Lote de semente limpa conservada

Análise de sementes e conservación

O Laboratorio de sementes do VFC é o encargado de realizar as análises a partir dunha mostra representativa do lote de sementes, e que se poden resumir en: análise de humidade e pureza, determinación do peso de 1000 sementes puras, ensaio de xerminación e análise de viabilidade. Estes ensaios, baseados nas Regras Internacionais ISTA (Internacional Seed Testing Association), realízanse tanto no caso de novas entradas de semente como nos casos que se queira coñecer a evolución dos lotes que se están a conservar durante longos períodos de tempo e que poden ser utilizados nun futuro.

foto-12.png Fig. 7. Análise de xerminación dun lote de semente de teixo
A semente de teixo débese conservar, ata a súa posible utilización, en condicións adecuadas para que se manteña inalterada a súa viabilidade e facultade xerminativa. Por iso, procédese á súa conservación no Banco Rexional de sementes do VFC, o cal consta varias cámaras frigoríficas con condicións controladas de temperatura e humidade (3º C e 60%, respectivamente).

 

foto-14.png Fig. 8. Lote de semente de teixo en banco de conservación de xermoplasma

Producción de planta
 
A produción de planta de Teixo prodúcese normalmente mediante a sementeira en bandexas viveiro durante a primavera. Tamén é posible recorrer á vía vexetativa mediante o emprego de estacas, producindo neste caso exemplares idénticos entre si.

A semente de teixo tarda en xerminar debido á súa cuberta impermeable e ao letargo fisiolóxico. Require polo tanto duns tratamentos prexerminativos previos, recomendándose un estratificado quente-húmido durante 6-7 meses, seguido de 3-5 meses de estratificado frio-húmido, para pasar posteriormente un ano en viveiro. Non obstante, no VFC estanse a modificar os ciclos de estratificado quente-frío co obxectivo de reducir estes prazos, intentando mesmo evitar o paso por viveiro ao dispoñer de semente xa prexerminada.


foto-13.png Fig. 9. Prexerminación de semente de teixo en laboratorio
 
Tras a xerminación en viveiro, a plántula transplántase en envases forestais de 300-400 cm3, enchidos cunha mestura de substrato e perlita, dando lugar a lotes que son identificados co seu número de rexistro e incluídos na base de datos.

Nas seguintes semanas o obxectivo é conseguir o desenvolvemento e aclimatación das plantas, que se leva a cabo mediante a fertirrigación e control fitosanitario acorde a cada período.

foto-15_0.png  foto-17.png









Fig. 10. Planta de teixo en envase forestal.
Fig. 11 e 12. Planta de teixo (con e sen protector) en monte procedentes de semente.




A planta finalmente é utilizada para o reforzo poboacional dos teixadais naturais mediante plantación forestal, o que se realizará este 2019 e 2020.

Traslocacións e aviverado de rexenerado de teixo
De forma paralela á produción de MFR mediante semente, nas zonas onde o rexenerado foi puxante na ZEC - Montaña Central de León, experimentouse coa súa translocación e aviveirado en envase forestal de cara á súa plantación na primavera ou outono de 2020. En total son unhas 100 plántulas mediante as cales se intenta completar a produción do VFC a partir de semente.

foto-18.png foto-19_0.png
Fig. 13 e 14. Plántulas procedentes de rexenerado aviveiradas en envase forestal e maceta.